Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A Cátedra Epifanio Campo aposta pola excelencia na formación dos “profesionais verdes” para avanzar la economía circular

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Cátedra Epifanio Campo clausurou este mércores o “Curso de Xestor de Residuos: a actividade profesional verde”, no salón de actos do Campus de Ferrol. Ao acto asistiron o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o director da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol, Vicente Díaz; o director xeral de Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e a directora da Cátedra, Mª Paz Mateo.

O curso levouse a cabo do 18 a 24 de xullo na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e no Centro de Tratamento de Residuos Industrial de Galicia (CTRIG). O obxectivo fundamental desta formación é introducir ao alumno nos coñecementos e competencias básicas necesarias no ámbito da xestión de residuos industriais.

Tralo éxito da primeira edición, a directora da Cátedra Epifanio Campo destacou un ano máis a diversidade dos perfís das 24 solicitudes de inscrición recibidas e as 19 matrículas de estudantes, titulados universitarios e profesionais procedentes de ámbitos como a química, a física, a enxeñería ou o dereito. Do mesmo xeito, destacou o alto nivel do claustro de profesores. O curso rematou coa visita ás instalacións do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, referente a nivel nacional no tratamento de residuos industriais perigosos.

Antonio Roncero, director xeral de Rodonita Medio Ambiente, destacou que a compañía ten implantada unha cultura empresarial que aposta de forma clara pola vangarda no tratamento de residuos industriais  e o desenvolvemento empresarial baixo os estándares máis esixentes. “Necesítanse profesionais con competencias avanzadas no campo do medio ambiente e os residuos, e é necesario reconectar empresa e universidade para conseguilo”, sinalou Roncero.

Pola súa banda, Jacobo Campo, conselleiro delegado do Grupo Rodonita, explicou a ampla traxectoria do grupo en economía circular e destacou como en pouco tempo a Cátedra Epifanio Campo se converteu nunha referencia fundamental da “economía verde”. Campo subliñou a extraordinaria aceptación desta Cátedra, algo que se reflicte na alta participación nas actividades propostas. “Non hai desenvolvemento sen industria e non hai industria sen residuos”, afirmou, insistindo  na importancia dun adecuado tratamento dos residuos que busque sempre unha mellora constante.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620