Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

A Asociación Telón e Aparte recibe o Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2024

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, foi recoñecida co Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2024. A cerimonia de entrega dos premios tivo lugar este martes en Ourense e recolleu o galardón Antón Rodríguez, vicepresidente da asociación.

Telón e Aparte recibiu o segundo premio deste galardón, nstaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura do insigne intelectual ourensán. Un segundo premio dotado con 2.000 euros.

O xurado concedeu o primeiro premio, para profesionais culturais, dotado con 3.000 euros, a Eduardo Rodríguez, organizador do Festival de Jazz Primavera do Café Latino, que este ano chegará á súa 26ª edición, convertendo á cidade de Ourense nunha referencia para os amantes deste estilo musical.

Finalmente, o terceiro premio concedido, para proxectos culturais, dotado con 1.000 euros, foi para o Concello de Carral, cuxo certame de poesía, que alcanza a 27ª edición, constitúe un dos eventos literarios máis prestixiosos de Galicia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620