Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Carballo e a UDC apostan polo galego no lecer

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Carballo acollerá os dís 12 e 13 de xullo unha nova edición do curso de verán sobre dinamización lingüística “Traballando en lingua”, unha iniciativa na que veñen colaborando dende hai anos o Concello e a Universidades da Coruña (UDC), que supón “unha manifestación clara da necesidade que compartiamos de normalizar o uso do galego en todos os ámbitos e de dotarnos de ferramentas para que ese uso da nosa lingua avance, neste caso no ámbito do lecer”, tal como indicou o secretario xeral da UDC, Carlos Aymerich.

Na presentación do curso tamén participaron o seu director, Xosé Manuel Sánchez Rei; a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret,  e o alcalde, Evencio Ferrero. Para Sánchez Rei, o galego “debe estar presente en todas as actividades, en todos os ámbitos, e por iso, naturalmente, debe estar no lecer”. Así, a edición deste ano está centrada en diferentes propostas para que o galego sexa a lingua normal no noso tempo libre, tal como indicou Sánchez Rei.

Tanto Ángeles Pacoret como Evencio Ferrero destacaron a importancia da colaboración que se vén mantendo no tempo entre o Concello de Carballo e a UDC, e que se vai ampliando con iniciativas como a Universidade Sénior, que agardan poñer en marcha de cara ao curso que vén.

O alcalde puxo en valor a gran presenza que ten o galego neste concello e na contorna. “Nese aspecto sempre quedará traballo por facer, pero tamén é certo que un concello coma Carballo sempre será sensible a estas iniciativas”, afirmou. O prazo de matrícula para o curso estará aberto ata o 6 de xullo e aínda quedan prazas dispoñibles.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620