Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

O IES Alfredo Brañas, nun club de debate de lingua a nivel autonómico

Máis dun milleiro de estudiantes dos centros de Carballo participan nas actividades promovidas pola Concellaría de Normalización Lingüística que se levarán a cabo neste trimestre. Regueira, clubes de debate, rutas guiadas e obradoiros son algunhas das iniciativas.

Os talleres de Enreguéifate abriron estas actividades, aínda que Lupe Blanco y Josinho da Teixeira seguirán polos centros de ensino carballeses para promover outras propostas como a poesía, debates, microtoponimia ou figuras ilustres.

A Concellería de Promoción Lingüística tamén a participación da mocidade carballesa no Club de Debate Alingua, no que dous dos 32 equipos participantes nesta edición están integrados por alumnado do IES Alfredo Brañas. Os Surfistas da lingua e os Oradores de Bergantiños están preparándose para a fase clasificatoria que se celebrará o 24 de febreiro en Ribeira.

Onte recibiron a visita do  concelleiro de Turismo e Promoción Económica, ademais de vicepresidente provincial, Xosé Regueira, que propuxo o debate sobre se a masificación en turística é un problema para Galicia.

Este luns arrincaba tamen  a actividade Letras cantadas, unha iniciativa arredor da celebración do Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras e ás coplas populares, coa que se trata de fomentar un labor de recollida por parte do alumnado na súa contorna máis próxima. Para iso achegáronse ao IES Parga Pondal e o CEIP A Cristina o concelleiro de Mocidade, Ramón Varela, e o historiador e músico Hadrián García, que tamén visitarán outros centros nos vindeiros días.