Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Máis de 350 familias de Carballo participan no programa Apego

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Máis de 350 familias de Carballo participan no programa Apego, unha iniciativa que fomenta a lingua dende a infancia. A concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, destacou a boa acollida que está tendo a iniciativa dende a súa implantación, durante a presentación conxunta coa Semana da Mobilidade. “Medrar con Apego significa medrar en galego”, apuntou Pacoret.

A transversalidade que debe reinar nas políticas municipais  destacada polo Goberno local xa se reflice na primeira actividade de Apego, con un circuíto de seguridade viaria para nenos de ata 6 anos que se celebrará o mércores 18 no mercado municipal. O mesmo ocorre noutras iniciativas como ‘Chapuzando en familia’, na que está implicada a Concellaría de Deportes e que, como apuntou Ángeles Pacoret, “ten moitísimo éxito entre as familias”. Será o 15 de outubro na piscina municipal para que os nenos de 1 a 4 anos tomen contacto coa auga.

Dende o circuíto de seguridade viaria que abre a programación ata a Foliadiña de Nadal, que a pechará o venres 26 de decembro, haberá actividades moi variadas como un obradoiro de masaxes, un paseo polos xardíns de outono, contacontos e ata unha actividade científica para os máis pequenos en colaboración coa UDC. Será unha proposta moi completa para as crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, tal como indicaron dende o Goberno.

O alcalde, Evencio Ferrero, lembrou que Carballo foi o berce do programa Apego, presente hoxe en numerosos concellos galegos, e destacou a importancia dos recursos que pon a disposición das familias. 

O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, tamén participou na presentación conxunta das dúas programacións, subliñando igualmente a importancia desa transversalidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620