Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Os nenos de Carballo seguirán "Medrando con Apego"

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Carballo, berce do programa Apego, continúa sendo uno dos concellos locomotora deste proxecto, que trata de facilitar a socialización en galego dos nenos de cero a seis anos achegando ás familias numerosos e variados recursos lúdicos, tal como indica a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret.

En coordinación con outras áreas municipais, para o primeiro semestre do 2025 organizáronse numerosas actividades para que os máis pequenos poidan seguir “Medrando con Apego”. A primeira xa será esta mema semana, o mércores 22, cunha xornada de achegamento ao mundo do mar e ao traballo das redeiras, grazas á colaboración da asociación Redeiras do Fieital, de Malpica. Será nas Escolas do Xardín, de 17.00 a 18.30 horas, para nenos de 2 a 6 anos.

O 5 de febreiro no mesmo lugar chega “Que contan os fósiles?”, co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC. O día 19 será o turno de “A nosa lúa”, co mesmo grupo da UDC.  

O 12 de marzo haberá “Xogos con Apego”, con Bonecos Animación no mercado municipal.

O 26 de marzo, “Máis música!”, con Longueirón nas Escolas do Xardín, cunha sesión dobre ás  17.00 e ás 18.30 horas.

O 9 de abril haberá unha Andaina con Vía Inqueda e saída dende o Parque do Anllóns ás 17.00 horas. Está dirixida ás familias con nenos de 0 a 3 anos.

Seguirán as actividades o 23 de abril cunha “Tarde de Contos en familia”, con Cris de Caldas, na biblioteca municipal Rego da Balsa, con dúas sesións (17 e 18.30). 

O 7 de maio chegará “Bos días, Leo”, con Trémola Teatro e dúas sesións nas Escolas do Xardín. O día 21de maio, “Canto e bailo miúdo” coa Escola do Alprende.

O 4 de xuño, “Amar no mar”, contacontos interactivo para familias con Ana Prema. Rematarán o 18 de xuño cun espectáculo de Pakolas, “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, no mercado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620