Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Queremos Galego convida en Carballo á manifestación do 17 de maio

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Representantes da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais, anunciaron este venres en Carballo que o 17 de maio (12.00 horas) sairán ás rúas de Santiago para evidenciar que “a situación do galego non é irreversible” e que “hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”.

Haberá transporte dende todas as comarcas galegas para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará na web queremosgalego.gal.

O coordinador de Queremos Galego en Bergantiños, Xosé Cotelo, recordou na presentación que todos os avances para o galego se conseguiron pola “perseverancia e polo esforzo do pobo galego”, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a recente sentenza do TSXG contra Facenda “por atacar os dereitos lingüísticos dun cidadán galego”. Cotelo advertiu que “a sociedade galega está soa, sen institucións que a amparen na defensa da lingua” e salientou que “é hora de que isto mude e os poderes públicos, comezando polo novo presidente da Xunta, abandonen a súa política de agresión sistemática ao galego e comecen a exercer a súa responsabilidade na defensa dos intereses de Galiza e da súa lingua”.

A plataforma reclama a posibilidade de vivir “en galego agora e sempre” e denuncia que tanto o ensino como unha “limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina