Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Abre a inscripción para a proba máis esixente

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O vindeiro 7 de maio o circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta unha das súas carreiras máis esixentes, que poñerá a proba ás persoas participantes. Trátase da XIV Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma, cuxo prazo de inscrición xa está aberto.

O percorrido, de 6.490 metros de lonxitude na proba absoluta, ten a saída e a meta situadas no cruzamento das rúas San Pedro de Visma e Aguillón, nas inmediacións do centro cívico da parroquia coruñesa.

Os deportistas sub-18 e sub-16 afrontarán un percorrido intenso, pero máis curto, de 2.300 metros, para sub-14 será de 1.600 metros, o dobre de distancia que retará a quen se sume á sub-12 e a sub-10 (800 metros), mentres que a categoría ‘peques’ afrontará 110 metros.

As persoas interesadas en participar  na segunda proba do Coruña Corren poden inscribirse ata o domingo 30 de abril ás 23.59 horas.

A cota de inscrición será de 3 euros máis 2 euros polo chip refugable. Haberá unha cota especial para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove de 2 euros polo dorsal e 1 euro polo chip.

Por outra, a Coruña10 entrou nos últimos días de inscrición coa cota reducida de seis euros. As persoas interesadas poderán apuntarse ata mañá, sábado 8 de abril, nos centros do Corte Inglés da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, no seu horario comercial, ou de maneira telemática, a través de www.carreirasgalegas.com, ata o domingo ás 23.59 horas.

Ata o momento, xa se superaron as 1.500 persoas rexistradas. Desde o luns 10 de abril e ata o domingo 16 de abril a cota pasará a ser a ordinaria, de 10 euros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620