Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Situemos esta reflexión no día que tal función está sinalada no calendario electoral. Velaí, dilema, substantivo masculino, como palabra vinculada á filosofía é razoamento que presenta unha alternativa ou disxunción en que cada un dos membros conducen á mesma conclusión.  Véxase a expresión formular un dilema. Con todo, aquí abórdase a outra das opcións: Situación de alguén que se ve forzado a elixir entre dúas solucións, ambas problemáticas. Combínese co adxectivo, eficaz, que é aquelo que dá o resultado esperado. Partamos, dunha teoría que nos sitúa nunha encrucillada estratéxica: O dilema do prisioneiro. É un modelo clásico da teoría de xogos que ilustra a dificultade da cooperación entre dous individuos. Expón unha situación paradoxal na que dous actores, a pesar de ter un interese común en cooperar, terminan actuando en contra de este por un incentivo individual a curto prazo. O dilema do prisioneiro ensínanos que: A cooperación non sempre é o resultado natural da interacción entre individuos. O medo á traizón e a procura dun beneficio individual poden levar a resultados malos para todos. A confianza e a comunicación son esenciais para a cooperación. Este modelo aplícase en diversos campos, desde a economía ata a política internacional, para analizar as dificultades da cooperación e a toma de decisións estratéxicas en contextos onde a confianza é escasa. Agora, o dilema,  tratámolo en relación a situación psicolóxica que representa enfrontar a decisión de voto nun proceso electoral na que por identificación e simpatía optaríase por unha determinada alternativa porén esta decisión pode levar a que o grupo beneficiario do voto non materialice este na conquista de representación algunha por non chegar a superar a fronteira mínima que legalmente se esixe para participar no reparto, baixo a ditadura do modelo matemático D´Hont que dificulta a representación das opcións con menos número de apoios. Cando un votante enfróntase á perspectiva de que o a súa opción emotiva non alcanzará a representación parlamentaria, xorden sentimentos de desilusión e desmotivación.

Ademais, desde unha perspectiva práctica, o votante enfróntase ao dilema de se debe ou non exercer o seu dereito ao voto. Algúns poden optar por absterse, convencidos de que o seu voto non marcará ningunha diferenza significativa. Con todo, outros poden decidir votar por outra alternativa próxima que permita asegurar a utilidade da súa papeleta na urna, á procura da eficacia na busca dun obxectivo superior: sentirse parte do futuro goberno.

Cada voto é determinante, ás veces decisivo. Si, abofé.