Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

“Formas nos Cosmos”, de Jesús Núñez

Fundación CIEC de Betanzos acolle, ata finais de mes, a mostra “FORMAS NO COSMOS. IV SUITE SALMANTICIENSE” de Jesús Núñez (Betanzos, 1927), un dos nosos máis insignes creadores, cunha  importantísima traxectoria internacional:: Sao Paulo, Salzburgo, Paris, Tokio, Venecia, Roma, Bulgaria e un longo etcétera. Tamén hai que salientar a súa xenerosa labor de mecenazgo que o levou a creación co Centro Internacional da Estampa Contemporánea  en 1997.. Sendo a gráfica un dos seus máis importantes medios de expresión, o seu talento manifestouse en outros  moitos ámbitos:: deseño de xoias e interiores, estampación textil, tapices, escultura, pintura... Fértil na creación de mundos inventados e na creación de medios que inventan mundos- como xa dixemos noutra ocasión- toda a súa obra é un diálogo entre natureza e xeometría, entre o afán arquitectural  e as formas libres que o levan a abrir horizontes cara mundos incógnitos e territorios fronteirizos polos que transitan todos os imparabeis ritmos da terra e do ceo.

Esta IV Suite culmina a poderosa motivación cósmica que xa alentaba na Suite da auga, en Meteoritos ou na serie dos Catro elementos e das Catro estacións, pero agora atopa unha expresión, si cabe, máis suxerente de todas esas forzas poderosas e da  tremenda capacidade  transformadora do universo  e dos seus prodixios que él convirte en abstraccións que poden lembrar cortes histolóxicos, rochas erosionadas, movimentos astrais, vórtices xenesíacos, meteoros e masas en vaivén continuo.  Taumaturgo das metamorfoses e artífice visionario, como todo verdadeiro creador, consegue  transmitir, en acordadas sinfonías cromáticas de cambiantes luces, a fascinante danza transmigradora de todo o que existe. Unha caraterística destas obras é o contrapunto que establece ente a lisura e quietude dos fondos e a variedade de texturas e grafismos que percorren as formas e que suxiren fendas, erosións, buratos, saíntes...; na composición establece contrastes entre as formas xeométricas da parte baixa, que semellan actuar como arquitecturas de soporte, e as axitadas formacións de arriba; deste xeito crea unha antítese entre enerxías dinámicas e estáticas, que son, sen dúbida, o fundamento sustentador de todo o que existe.

Como a de todo gran creador, a súa obra, maravillosamente composta i entonada, vai alén do plástico para entrar no terreo do poético e do metafísico, abrindo suxerencias de mundos, ámbitos de resonancias siderais, expansivas cadencias de construcción e destrucción e pitagórica música das esferas.Nesta Suite, creada na incomparable ciudad de Salamanca ( a súa segunda matria) o imaxinario de X. Núñez  desbordou toda atadura, para ir alén dos horizontes coñecidos, conseguindo cadros de beleza non suxeita a cánones, onde latexan configuracións expansivas  dende o fogo volcánico ao planeta ardente, dende mosaicos terrosos e picos grises a esparcidas auras doradas e aéreas nebulosas, obra, en suma, aberta a todos  os posibeis e a todos os imposibeis.