Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Zas

Mabel Montes e Chema Rei, padriños dos premios Fouciño

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A IV edición dos Premios Fouciño, que se celebrará do 30 de outubro ao 2 de novembro en Baio (Zas), contará con Mabel Montes como madriña e Chema Rei como padriño. A escolla por parte da dirección do certame busca poñer o foco naquelas profesións do audiovisual que son menos visibles desde fóra, así como darlle valor ao talento local.

Mabel Montes leva 26 anos sendo traballadora da Crtvg, onde foi reporteira, guionista e presentadora do tempo. Desde hai un ano desenvolve o seu traballo na Radio Galega. Chema Rei é lingüista en series e programas da TVG desde hai 24 anos. 'Mareas Vivas', 'Padre Casares', 'Matalobos', 'Serramoura', 'A Lei de Santos' ou o 'Atrápame se podes' son algúns dos contidos nos que traballou

.

Co anuncio do padriño e madriña, queda completado o xurado dos Premios Fouciño, que terá que valorar as curtametraxes finalistas das presentadas a concurso. Este ano contou cunha cifra récord de 65 inscricións. Ademais de Mabel Montes e Chema Rei, o xurado está composto por Andrea Villa, codirectora do Carballo Interplay e comunicadora; Fran Gavín, presidente da Asociación Cultural Adro; Lito Velo, concelleiro de Cultura do Concello de Zas; e María Lado, poeta e actriz no filme O Corno (Jaione Camborda), gañador da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620