Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

Un programa "de citas" lingüísticas para aprender galego en Carballo

Bota a andar a proposta Elos, dirixida á poboación estranxeira 

Presentación programa de normalización lingüística de Carballo
Presentación programa de normalización lingüística de Carballo
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Carballo presentou onte o programa Elos, unha proposta de Dinamización Lingüística para facilitar a aprendizaxe da lingua galega por parte de persoas estranxeiras. Os interesados en participar deberán de anotarse a través da web municipal, e a partir deses datos, formaranse parellas lingüísticas tendo en conta a dispoñibilidade e os intereses das dúas partes, que se citarán para o seu primeiro encontro. 

 Algo moi similar a una “páxina de citas”, xa que hai que ter en conta a compatibilidade dunha serie de datos. Así o explicaba o coordinador do programa, Tono Formoso, durante a presentación. Despois da primeira cita entre as parellas, deciden se continúan de forma autónoma e a forma dos encontros: tomar un café, dar un paseo, ir ao cine ou o que elas elixan. Formoso destacou a importancia da iniciativa e o éxito que tivo noutros lugares como Santiago, onde xa comezou. Ademais, indicou que pode ofrecer bidireccionalidade ao mesmo tempo, e a persoa que vaia ensinar galego poida aprender o idioma da súa parella. 

Aparte do tema lingüístico, para Tono Formoso o máis importante da iniciativa é o aspecto persoal, e pode utilizarse a lingua para unir persoas. “Queremos situar a lingua como elemento de comunicación, pero tamén pode ser o pegamento para unir as persoas”, engadiu. Os participantes do obradoiro de acollemento lingüístico son os beneficiarios do programa, que se porán en contacto con voluntarios decididos a formar parte da proposta. Dúas mulleres carballesas xa mostraron a súa intención de colaborar.

 A concelleira de Política Lingüística, Ángeles Pacoret, destacou a importancia deste programa de voluntariado lingüístico e o interese dos estranxeiros por aprender a nosa lingua. “A lingua galega medra cando se fala, pero aínda medra máis cando alguén que non a coñece dende o berce se molesta por coñecela, por falala...”, subliñou. Ademais, indicou que por primeira vez “sácase o galego dos libros, das escolas, xa que hai encontros fóra, nas cafeterías...”.

 A concelleira de Servizos Sociais, Maica Ures, que colabora na proposta, afirmou que este programa trascende ao idioma e permitirá aprender a nosa lingua, a cultura ou a forma de ser noutros ámbiente máis distendidos, que posibilitará unha mellor aprendizaxe.

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, mostrou o seu respeto porque os estranxeiros se interesen pola nosa lingua, así como a disponibilidade dos voluntarios para facer posible o proxecto. Nos tempos en que a crispación e os enfrontamentos están á orde do día, Pérez cre que a iniciativa servirá para “tender pontes” entre as persoas gracias ao idioma galego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620