Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

O galego, unha ferramenta de integración en Carballo

O Concello aposta polos cursos de acollemento lingüístico e polo programa Elos

Entrega dos diplomas aos participantes no programa
Entrega dos diplomas aos participantes no programa
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Concello de Carballo continúa a apostar polo galego como elemento clave de integración social a través dos cursos de acollemento lingüístico e do programa Elos Carballo, unha iniciativa de parellas lingüísticas que xa está en funcionamento e aberta á incorporación de novas persoas participantes.

 A Concellaría de Normalización Lingüística vén de clausurar un intenso e moi participativo curso de acollemento lingüístico, e debido ao grande éxito, xa prepara o seguinte. Será a partir do 3 de febreiro, cando as Escolas do Xardín Agra de Caldas acollerán un novo obradoiro dirixido a persoas que queiran aprender non só a lingua, senón tamén os costumes galegos. As clases serán todos os martes e xoves ata maio, en horario de 17.30 a 19.00 horas

Elos Carballo nace como continuidade natural dos cursos de acollemento, que clausuraron a súa última edición cunha animada entrega de diplomas na que se puxo de manifesto que, máis alá da aprendizaxe da nosa lingua, contribúen a crear vínculos e fomentan a integración social. Agora, a través de Elos, créase un espazo de encontro no que persoas que queren aprender ou practicar galego poden facelo a través da conversa e da relación persoal, nun ambiente distendido e próximo.

Trátase dunha proposta que busca favorecer a integración desde o día a día, reforzando eses vínculos e creando comunidade a través da lingua. Na presentación do proxecto, a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, destacou que “a lingua é unha porta de entrada á comunidade e unha maneira de sentirse parte do lugar no que se vive”. 

Pola súa banda, Tono Formoso, profesor dos cursos de acollemento e coordinador do programa, explicou que Elos permite “dar continuidade á aprendizaxe desde a conversa, a convivencia e a vida cotiá”. A experiencia das persoas participantes foi tamén protagonista. Daniel Peñaloza, venezolano residente en Carballo, salientou que “aprender galego axuda a integrarse mellor e a entender o lugar no que vives”. Desde o ámbito social, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures, tamén lembrou que a lingua é unha ferramenta esencial para a igualdade de oportunidades e a convivencia.

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, durante o acto de clausura animou á veciñanza a participar nun programa que contribúe a “construír un Carballo máis cohesionado, no que a diversidade é unha riqueza”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina