Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

Bolsas, sorteos e carteis para festexar o Día das Letras con Vegalsa-Eroski

A campaña inclúe un sorteo en redes sociais de cinco experiencias dobres con visita guiada a MEGA

Presentación da campaña, no supermercado Eroski Center de Portanet de Vigo
Presentación da campaña, no supermercado Eroski Center de Portanet de Vigo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Bolsas de compra de edición especial é a maneira na que 150 dos hipermercados Eroski, supermercados Eroski Center e Autoservicios Familia queren celebrar cos seus clientes o día Das Letras Galegas, dedicado este ano a Begoña Caamaño. A campaña, que dura todo o mes, inclúe tamén carteis conmemorativos deseñados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, nos que se reflicte a infancia creativa da autora.

Ademais, os Autoservicios Familia e Eroski Center de Vigo, cidade onde naceu a xornalista e escritora homenaxeada, tamén repartiron marcapáxinas coa imaxe da campaña e hoxe, o propio Día das Letras Galegas, a compañía organiza un sorteo especial no seu perfil de Instagram (@vegalsa_eroski) de cinco experiencias dobres con visita guiada a MEGA e maridaxe a escoller.

O supermercado Eroski Center de Portanet de Vigo fixo unha pegada de carteis para a súa tradicional campaña das Letras Galegas, froito dunha colaboración coa Xunta de Galicia. O evento contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a irmá da homenaxeada, Beatriz Caamaño; a académica de número e membro da directiva da RAG, María Dolores Sánchez, e o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski en Vegalsa-Eroski, Florentino Vázquez.

Desde Vegalsa-Eroski, alentamos a todos os nosos clientes a que lean historias e expandan a súa imaxinación como fixo Begoña Caamaño e non hai mellor forma de facelo que xunto ao marcapáxinas conmemorativo que podedes conseguir nas nosas tendas de Vigo durante este fin de semana”, remarcou Florentino Vázquez.

Vegalsa-Eroski potencia os valores da identidade galega e así se reflicte no seu cadro de persoal, conformado por 8.120 traballadores, o 88% en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620