Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

Unha variada oferta cultural para festexar o Día das Letras Galegas

Música e baile tradicional, lecturas de poemas e certames literarios e de debuxo foron algunhas das propostas na comarca

A Laracha celebrou o Día das Letras Galegas cunha exhibición de música e baile tradicional
A Laracha celebrou o Día das Letras Galegas cunha exhibición de música e baile tradicional
Raúl López Molina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Na Costa da Morte, coma no resto de Galicia, a celebración do Día das Letras Galegas levou consigo un amplo abano de manifestacións culturais da man de asociacións e concellos. En Carballo actuou a Banda Municipal de Gaitas mentras a A.C. San Campio de Cances promoviu a presentación do libro Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano. 

Tampouco faltou unha nova edición do Concurso infantil de pintura e debuxo organizado pola AC Lumiera na Praza do Concello, que se viu favorecido polo bo tempo. 

Cabana festexou as Letras cun emotivo acto celebrado no auditorio municipal que incluíu música, literatura e teatro, e que tivo a autora homenaxeada na efeméride deste ano como pano de fondo.  Ademáis das actuacións da Coral de Cesullas, das Cantareiras de Anos, Son de Cabana, a Coral San Martín de Canduas e Barreiros&Mato, houbo tamén un recital de Matilde Vilariño e distintas lecturas. 

Tampouco faltou unha representación teatral a cargo da Escola Musical de Teatro, rematando o acto coa interpretación do himho galego e cunha degustacións de doces tradicionais cabaneses. 

O acto do día das Letras Galegas en Cabana
O acto do día das Letras Galegas en Cabana
Cedida

Moi emotivo resultou tamén a ofrenda floral que se fixo en Mens, acto que se desenvolveu no centro sociocultural desta localidade malpicá. Despois da interpretación de dúas pezas das pandereteiras de Mens por parte do grupo Do Rivés, a concelleira Noelia Freijeiro leeu un manifesto reivindicativo da figura das pandereteiras locais, ás que calificou de “mulleres extraordinarias” que “souberon conservar na voz e no corazón unha parte esencial do que somos como pobo”, e que “mantiveron viva a lingua galega arredor das lareiras, nos seráns, nas festas e no traballo cotián”

En Muxía o homenaxeado foi o escritor local Gonzalo López Abente, o coñecido como ‘poeta do mar’, do que falou o tamén escritor Xan Fernández Carrera. Posteriormente, Sandra Vilela, Aurelia Picallo, Miriam Carril y el alcalde, Javier Sar, participaron na lectura de diferentes poemas. O acto de reivindicación da lingua ea cultura galega serviu tamén para unir a figura de López Abente coa da escritora viguesa Begoña Caamaño.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620