Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

Cinco mozos do centro Fonteboa de Coristanco, premiados polos seus proxectos para impulsar o medio rural 

Creados os Premios Fontao, que promoven o relevo xeneracional e o desenvolvemento do rural 

Entregados os Premios Fontao para impulsar o desenvolvemento do medio rural
Entregados os Premios Fontao para impulsar o desenvolvemento do medio rural
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Coincidindo co remate do curso 2025-2026, Xenética Fontao SA, en colaboración coa Fundación para o desenvolvemento rural (Fundesar), establece os Premios Fontao, dirixidos ao alumnado matriculado no Ciclo Superior de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, en Coristanco, premiando a varios mozos. 

Estes premios serven para recoñecer os mellores proxectos fin de ciclo vinculados á produción gandeira da especie bovina, que contribúan ao impulso do relevo xeracional e ao desenvolvemento do medio rural no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. Preténdese recoñecer e premiar aos mellores proxectos presentados polo alumnado, incentivando o fomento da raza bovina, a sustentabilidade, o relevo xeracional e o desenvolvemento rural.

Nesta primeira edición, establécense 4 premios: dous primeiros premios de 1.000 € e dous accesists dotados con 500 € cada un. A presentación dos proxectos foi o pasado mércores 20 de maio. O xurado estivo integrado por profesorado do CFGS de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, representantes das entidades Xenética Fontao e Fundesar e profesionais externos do sector agrogandeiro. 

Nesta primeira edición os dous primerios premios (1.000 € a cada un) foron para Manuel Vázquez Varela e para Adrián Jorge Muiños. Manuel Vázquez Varela (Irixoa) foi galardoado polo seu proxecto de incorporación a unha gandería de vacún de leite, no que destacou a excelente planificación técnica e o seu enfoque cara á modernización, pois trátase dunha gandería.

Adrián Jorge Muiños (Lalín) foi premiado polo seu proxecto de incorporación tamén no sector do vacún de leite, sobresaíndo polo seu rigoroso realismo económico, coherencia e integración no territorio.

Por outra banda os tres accesists (500 € cada un) foron para Jesús Rico, Brais Lorenzo e Marcos Villar. Jesús Rico Carracedo (Abadín), foi reconecido pola calidade do seu proxecto estratéxico para o vacún de leite, a partir dunha pequena explotación familiar. 

Brais Lorenzo Ramos (Mazaricos) foi galardoado pola coherencia do proxecto técnico e económico para a pervivencia dunha explotación familiar especializada na produción de leite. Marcos Villar López (Paradela) foi premiado pola súa proposta orientada á produción de vacún de carne.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620