Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

As cantareiras Do Rivés estrean o álbum 'Contrabando', que xira arredor deste concepto na comarca

O seu primeiro álbum nace da tradición oral da Costa da Morte e constrúese arredor deste concepto clave

Portada do disco Contrabando de Do Rivés
Portada do disco Contrabando de Do Rivés
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O grupo de cantareiras Do Rivés vén de publicar "Contrabando", o seu primeiro álbum, dispoñible dende o pasado sábado 23 de maio. O traballo nace da tradición oral da Costa da Morte e consolida a aposta do grupo pola pandeireta, o canto colectivo e o baile como eixes centrais da música tradicional galega. O disco constrúese arredor dun concepto clave que lle dá nome: o contrabando. Unha idea que non se limita ao territorio ou á referencia cultural, senón que se entende como unha forma de transmisión íntima, silenciosa e cotiá entre xeracións.

En "Contrabando" este concepto refírese a aquilo que se pasa sen escenario nin arquivo: o que se comparte de avoa a neta, en espazos domésticos e momentos de intimidade, tal como explican dende a agrupación. 

Son cancións ensinadas en privado, coplas transmitidas a soas, fragmentos de memoria oral que sobreviven fóra do rexistro formal. Tamén obxectos pequenos, amuletos, palabras gardadas ou xestos herdados que funcionan como formas de continuidade afectiva e cultural. O disco propón así unha lectura da tradición como algo vivo e encarnado, no que a transmisión non é un acto institucional, senón unha cadea de coidados, aprendizaxes e complicidades.

"Contrabando" aborda tamén a idea de linaxe feminina do canto: unha continuidade na que a música non se conserva intacta, senón que se transmite, se adapta e se transforma a través das voces que a herdaron. Neste sentido, o álbum entende a pandeireta e o canto colectivo como linguaxes que pasan de xeración en xeración a través da experiencia compartida, máis que da formalización. A tradición aparece así como unha herdanza viva, construída na proximidade e na memoria afectiva.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620