Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A cabanesa Mariña Lema gaña o XVII Premio Rosalía de Castro da Deputación 

Galardón ao mellor proxecto de dinamización lingüística para a infancia e a mocidade, que recibe por Vitamina G, e que comparte con A Gramola Gominola, da que forma parte o cercedense Ánxelo de Xermar

Mariña Lema
Mariña Lema
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Deputación da Coruña recoñece nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G, este último promovido pola profesora cabanesa Mariña Lema. 

O certame, dotado con 5.000 euros para cada unha das categorías, está convocado pola Área de Lingua da Deputación e ten como obxectivo recoñecer persoas, entidades e iniciativas comprometidas coa promoción social do galego e co seu futuro, especialmente entre a infancia e a mocidade. Na edición deste ano presentáronse 31 candidaturas, das cales se avaliaron finalmente 27.

Na categoría de persoa que máis destaca na promoción da lingua galega, o premio recaeu en Carlos Callón. O xurado valorou especialmente o seu labor como "activista referencial en defensa dos dereitos lingüísticos", así como a dimensión do seu traballo no ámbito do libro galego e da divulgación arredor da lingua.

Tamén salientou que varias das súas publicacións se converteron "en importantes ferramentas para promover o debate a favor da normalización do idioma galego, así como para mellorar a escrita e a fala da nosa lingua".

Na categoría de entidade que máis destaca na promoción do galego, a premiada foi a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O xurado recoñeceu a súa "traxectoria consolidada de trinta anos" e o seu papel como entidade referente "no desenvolvemento, coordinación e racionalización das políticas e accións de normalización lingüística en Galicia".

Pola súa banda, o premio ao mellor proxecto de dinamización lingüística dirixido á infancia e á mocidade foi concedido ex aequo a A Gramola Gominola e Vitamina G.

No caso da Gramola Gominola, o xurado destacou o "compromiso firme co uso e defensa públicos da lingua galega" e unha traxectoria de máis de dez anos dirixida ao público infantil e familiar a través da música, dos contidos audiovisuais e dos libro-discos acompañados de materiais didácticos. A Gramola Gominola tiene entre sus integrantes a: Ángel Sánchez Regueiro (Ánxelo de Xermar), de Cerceda; Paula Romero Canedo, de Santiago; Pakolas, de Cambre; e Rodrigo Muñoz, de Lugo.

Sobre Vitamina G, promovido pola profesora cabanesa Mariña Lema, salientouse a orixe da iniciativa, nun centro educativo dun barrio coruñés cun contexto altamente desgaleguizado e con alumnado procedente de diferentes realidades lingüísticas. A este respecto, subliñouse o seu valor como exemplo de cohesión social e a súa capacidade para ser exportado a outros contextos semellantes.

O xurado estivo presidido pola deputada de Lingua, Sol Agra Tuñas, e contou como vogais con Xosé Ramón Freixeiro Mato, Álvaro López García e Irma Silva Hervella. Actuou como secretaria Dores Sánchez Alegre, xefa da Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620