Bergantiños
Os veciños de Cabana amosan a súa creatividade e talento nas actividades sociais
Clausuradas este venres as actividades que se desenvolveron durante o curso

Clausura das actividades culturais e sociais en Cabana
IG
Este venres celebrouse a clausura das actividades sociais do Concello de Cabana. Foi unha xornada con música en directo, na que se fixo balance deste curso 2025 2026, cun resultado moi positivo.
As persoas que participaron ao longo do ano tiveron ocasión de expresar a súa creatividade con actividades como a pintura ou a cestería, entre outras, que agora se poden ver en diferentes exposicións.
Por outra banda, en Vimianzo tamén se clausuraron este venres actividades deportivas e culturais, con respectivas exhibicións. Na Casa de Cultura pódense ver os traballos realizados polo alumnado das escolas de pintura e de panillo.

Exhibición dos traballos das actividades culturais e sociais de Cabana
EC










