Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

Alumnado de Cerceda premia á empresa A Barbería de Rebe polo uso destacado do idioma galego

O establecemento local destaca polo uso da lingua en todos os ámbitos 

O alumnado coa responsable da barbería
O alumnado coa responsable da barbería
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Alumnado de ESO do CPI O Cruce de Cerceda achegáronse onte ata A Barbería de Rebe para entregarlle o diploma acreditativo do Premio ao uso do galego nas empresas, un recoñecemento público que vai pola súa segunda edición e que se outorga a negocios do municipio que destaquen por usaren a lingua propia na súa rotulación, información, atención ao público, publicidade e redes sociais. O establecemento abriu as súas portas a finais do 2025.

 O alumnado de 4º da ESO visitou e analizou arredor de 50 locais, e destacou o uso que neste negocio se fai da lingua propia, “que vai máis alá da rotulación e da publicidade, onde se emprega de maneira visible e destacada”. Deste xeito, salientaron tamén “a visibilidade da nosa lingua nas redes sociais, na información no propio local, na atención ao público ou nas tarxetas agasallo”. 

Bares e restaurantes, gasolineiras, xestorías, panadarías, fábricas ou tendas son algúns dos negocios que o alumnado visitou neste mes de xuño para animar e visibilizar o uso do galego. 

Na atención ao público xa constataron que se fai de xeito moi maioritario, mais na rotulación e información escrita o uso do galego é significativamente inferior ao que se fai oralmente, polo que animan os comercios locais “a usar a nosa lingua tamén na rotulación e publicidade como xesto de proximidade, distinción e aposta polo propio.”

A responsable da barbería co diploma
A responsable da barbería co diploma
EC

 A través dun proxecto de paisaxe lingüística da materia de Lingua Galega do profesor Nel Vidal, o alumnado animou a visualizalo cun adhesivo nos cristais, cunha valoración moi positiva de todas as empresas, que colocaron o logo e aplaudiron a iniciativa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620