Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A Costa da Morte xa ten o seu propio videoxogo da mano da asociación de turismo Aptcm

A presentación oficial terá lugar o vindeiro martes 30 de xuño ás 10 horas no Fórum de Carballo

Cartel de Costa da Morte Runner
Cartel de Costa da Morte Runner
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Costa da Morte xa ten o seu propio videoxogo. Trátase de Costa da Morte Runner, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (Aptcm) e desenvolvida por Martín Caamaño, socio da entidade, veciño de Vimianzo, informático de profesión e creador da marca Costa da Morte Death Coast

“Martín quixo poñer o seu talento e coñecemento ao servizo do territorio mediante un traballo totalmente altruísta, creando unha ferramenta innovadora para promocionar e divulgar a Costa da Morte”, apuntan desde Aptcm. Tras un importante labor de documentación e asesoramento, o videoxogo percorre os 17 concellos da Costa da Morte e moitos dos seus lugares máis emblemáticos, permitindo ao xogador interactuar con lendas, patrimonio, ferramentas tradicionais, personaxes e historias vencelladas á nosa identidade. 

O protagonista da aventura é Eustaquio, personaxe inspirado na imaxe da marca Costa da Morte Death Coast, quen deberá superar múltiples obstáculos e desafíos para conseguir rescatar á princesa Mía. A estética do videoxogo está inspirada nos clásicos arcade, cun marcado estilo retro e pixel art que rende homenaxe aos videoxogos das décadas pasadas. A filosofía do proxecto é sinxela: demostrar que a Costa da Morte tamén pode descubrirse xogando. 

Trátase dunha ferramenta pensada tanto para visitantes como para a veciñanza, especialmente para achegar ás novas xeracións ao coñecemento do territorio dun xeito entretido e innovador. O xogo é totalmente gratuíto e pode utilizarse en móbiles, tabletas e ordenadores. Está dispoñible a través da páxina web do xeodestino Costa da Morte. A presentación oficial terá lugar o vindeiro martes 30 de xuño ás 10.00 horas no Fórum de Carballo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620