Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

O Concello porá en marcha por terceiro ano o programa de conciliación Ponte-cedo

O servizo prestarase no colexio Eduardo Pondal entre as 7.15 e as 9.15 horas 

Visita á escola infantil de Ponteceso
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello volverá poñer en marcha durante o curso académico 2026/2027 o seu programa de conciliación Ponte-cedo. Trátase dunha medida que se implantará por terceiro curso consecutivo coa intención de que se converta nunha "prestación permanente para as familias do municipio", tal e como indican o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez. Especialmente, segundo sinalan, tendo en conta "a evolución no número de solicitudes, pasando das 7 na edición inaugural ás 16 coas que se pechou en xuño do 2026, máis do dobre de inscritos".

Por medio deste programa, os pequenos e pequenas estarán atendidos antes do inicio das clases, entre as 7.15 e as 9.15 horas, no propio CEIP Eduardo Pondal. En total, ofrécense 24 prazas, reservándose dúas máis para familias que precisen facer uso desta prestación de xeito puntual. O prezo será de 20 euros ao mes, establecéndose bonificacións do 20% para familias numerosas e para nenos/as con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes estará dispoñible desde o mércores, 15 de xullo, ata o 4 de setembro. Estas deberán presentarse no rexistro municipal mediante o impreso específico, que terá que estar asinado pola persoa, incluír o nome do menor e ir acompañado, ademais, da documentación correspondente. As familias que xa participaron na última edición do programa e que manteñan as mesmas condicións deberán presentar unicamente a solicitude de inscrición.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620