Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

O Museo de Corme acolle unha conferencia sobre os hórreos da Costa da Morte 

Organiza o Concello de Ponteceso coa colaboración de Apatrigal e da Rede internacional Horrea

Hórreo en Dumbría
AIG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Museo de Corme  acollerá este  venres 14 de agosto, ás 19.00 horas, a conferencia 'Os hórreos da Costa da Morte. Aspectos materiais e inmateriais dun símbolo do noso patrimonio', organizada polo Concello de Ponteceso, coa colaboración de Apatrigal (Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego), da Rede Internacional HORREA e da Deputación da Coruña.

 As palestras serán impartidas polos investigadores Carlos Regueira Méndez e Xosé María Lema Suárez, dúas referencias no estudo do patrimonio etnográfico galego e, en particular, dos hórreos da Costa da Morte. 

Carlos Regueira Méndez, autor do Atlas do Hórreo en Galicia, é asociado de Apatrigal e membro do Comité Científico da Rede Internacional Horrea. Na súa intervención abordará os aspectos materiais dos cabazos, afondando na súa arquitectura, tipoloxías, sistemas construtivos, distribución territorial e evolución histórica, froito de décadas de investigación sobre un dos elementos máis singulares da arquitectura tradicional galega. 

Pola súa banda, Xosé María Lema Suárez centrará a súa intervención nos aspectos inmateriais dos cabazos, analizando os saberes, tradicións, vocabulario, crenzas, costumes e manifestacións culturais vinculadas a estas construcións ao longo dos séculos. Este patrimonio inmaterial adquiriu recentemente un especial recoñecemento institucional tras a aprobación, por parte do Ministerio de Cultura, da Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial vinculada aos hórreos do norte peninsular, unha iniciativa promovida pola Rede Internacional Horrea.

A Costa da Morte conserva un importante conxunto de hórreos con características propias, que constitúen unha expresión singular da arquitectura popular galega e un valioso testemuño da adaptación das comunidades rurais ao territorio e ás súas necesidades agrícolas. A organización convida á cidadanía a asistir a esta palestra, de acceso libre ata completar o aforo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620