Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A Eira, unha cooperativa da Costa da Morte que medra creando proxectos desde o territorio

Educación, psicopedagoxía, deseño web, comunicación e creación de materiais en galego forman parte das súas liñas de traballo

axendas escolares en galego
Axendas escolares en galego
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A A Eira S. Coop. é unha cooperativa galega de traballo asociado que continúa medrando e ampliando as súas liñas de actividade na Costa da Morte. Na actualidade traballa principalmente en tres grandes ámbitos: educación e psicopedagoxía, deseño e comunicación dixital, e creación de proxectos e materiais propios.

A Eira explica que un dos seus principais campos de actuación é o acompañamento educativo e psicopedagóxico a nenos, nenas, adolescentes e familias. O traballo inclúe intervención ante dificultades de aprendizaxe e necesidades específicas de apoio educativo, orientación académica, técnicas de estudo, planificación e organización, así como coordinación con familias e centros educativos.

A cooperativa tamén desenvolve formación e materiais para familias, profesorado e entidades, especialmente arredor de cuestións relacionadas coa inclusión educativa, a atención á diversidade, a aprendizaxe e o benestar

A outra gran área de actividade sitúase no ámbito dixital. Desde A Eira realizan deseño e desenvolvemento de páxinas web, mantemento, xestión de redes sociais, creación de contidos e acompañamento na comunicación dixital de pequenas empresas, asociacións, entidades sociais e administracións.

"A filosofía é traballar cun trato directo e adaptado a cada proxecto, especialmente con iniciativas locais que moitas veces necesitan solucións dixitais profesionais, pero próximas", explican desde a entidade.

Esta combinación entre o educativo e o tecnolóxico permite tamén que a cooperativa desenvolva proxectos propios nos que se cruzan deseño, comunicación, territorio e educación. Dentro destas liñas de traballo, A Eira quere seguir reforzando a creación de materiais útiles e actuais en galego.

A cooperativa entende a lingua "non só como un elemento cultural, senón como unha ferramenta que debe estar presente tamén nos produtos, recursos educativos e materiais de uso diario". Pon como exemplo desta idea a colección de axendas escolares e docentes 2026-2027, que este ano medra con diferentes modelos para alumnado e profesorado. "Todas elas están elaboradas 100% en galego e co calendario escolar de Galicia", explican.

Para alumnado hai modelos adaptados aos primeiros cursos de Primaria, alumnado maior de Primaria e Secundaria e necesidades específicas de apoio educativo. No caso do profesorado, A Eira desenvolveu tres modelos: unha Axenda Docente Base, unha específica de Titoría e outra para profesorado de PT/AL, con apartados de planificación, avaliación, reunións, seguimento e organización do traballo docente. A propia colección foi deseñada como unha familia de produtos en galego adaptada tanto a Primaria como a Secundaria.

"O proceso de creación tamén parte de necesidades concretas detectadas entre o profesorado, como contar con espazos para planificación das clases, horarios, exames, cualificacións, reunións, incidencias ou control de tarefas", explica a cooperativa.

A aposta de A Eira é poder desenvolver desde a Costa da Morte servizos profesionais, proxectos dixitais e materiais educativos capaces de traballar tanto para persoas e entidades próximas como para clientes doutros puntos de Galicia.

O obxectivo para os próximos anos é continuar consolidando estas diferentes liñas de traballo, crear novos proxectos propios e establecer colaboracións con centros educativos, asociacións, administracións, profesionais e pequenas empresas.

Todo iso mantendo unha idea común: crear desde aquí, traballar de maneira próxima e contribuír tamén a que o galego teña máis presenza nos espazos educativos, sociais e dixitais.A colección de axendas 2026-2027

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620