O Couto vibrou cunha exitosa 44ª edición das Festiletras
O festival cultural segue a medrar

A aldea de O Couto (Ponteceso) acolleu a pasada fin de semana a 44ª edición das Festiletras, que sumou un novo éxito de público e organización, a cargo da Fundación Eduardo Pondal.
Feira de artesanía coa participación de máis de corenta artesáns, concertos, animación de rúa, xogos tradicionais, talleres artísticos e literarios (coma os de Concha Blanco, Pablo Varela, María Canosa e Irene San juán) conformaron una amplia programación, na que tamén se recoñeceu ao debuxante e ilustrador Miguelanxo Prado, e a Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, como Bos e Xenerosos de Honra.
Esta edición pechou o domingo coa sesión vermú de Mondra e os concertos de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre nunha xornada na que tamén actuaron Neomak e Terrae así como Do Rivés. O sábado subiron ao escenario formacións como Brais Morán e Nasaufunk, Grande Amore, Muchachito e Bombo Infierno, Paco Pecado ou a orquestra Neverloura, entre outros.











