Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A Deputación convoca os VI Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, dotados con 42.000 euros

A convocatoria inclúe cinco premios de 7.000 euros para proxectos e outro da mesma contía para recoñecer a traxectoria dunha entidade

Os premiados nunha edición anterior da convocatoria
Premiados na anterior edición da convocatoria
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A Deputación da Coruña convoca a sexta edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, unha iniciativa destinada a recoñecer o traballo que desenvolven as entidades sociais da provincia na defensa dos dereitos da cidadanía, na atención aos colectivos máis vulnerables e na mellora do benestar das persoas e das comunidades.

A convocatoria, que vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia, conta cunha dotación total de 42.000 euros e establece dúas modalidades. A primeira premiará cinco proxectos con 7.000 euros cada un, mentres que a segunda recoñecerá, tamén con 7.000 euros, a traxectoria dunha entidade que destaque polo seu labor no ámbito dos servizos sociais.

Os premios a proxectos distribúense en cinco categorías: investigación científica no ámbito dos servizos sociais; iniciativas no ámbito rural; persoas maiores, discapacidade e dependencia; familia, infancia e adolescencia; e inclusión social.

Poderán concorrer á convocatoria as entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e estean inscritas como entidades de iniciativa social no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia.

O Premio de Boas Prácticas pretende poñer en valor iniciativas que contribúan a mellorar a atención social, fomentar a innovación e ofrecer respostas ás necesidades das persoas e colectivos máis vulnerables, ao tempo que recoñece o traballo continuado das entidades que conforman o tecido social da provincia.

O prazo para presentar candidaturas abrirá o 1 de setembro de 2026 e permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 30 de setembro de 2026

Tanto a presentación das solicitudes como o resto da tramitación realizaranse de forma telemática a través da plataforma Subtel, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620