Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A ‘foodtruck’ de Pesca Saúde chega ao Pantín Classic para promover hábitos saudables a través do produto do mar galego 

Este sábado e o domingo

Pesca Saúde (4)
Unha pasada cita de Pesca Saúde
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O proxecto Pesca Saúde, a iniciativa coa que os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) promoven o consumo de produto pesqueiro galego como hábito de vida saudable, está de parada este sábado e o domingo na praia de Pantín, no concello de Valdoviño, coincidindo coa celebración do campionato de surf Pantín Classic 2026. 

A través dunha foodtruck e un espazo promocional e divulgativo, a iniciativa porá de manifesto o papel clave do peixe, marisco e outros produtos do mar na saúde e o benestar físico. 

A oferta gastronómica desenvolvida para esta cita nace do vínculo entre o litoral galego, a nutrición e a actividade física. En colaboración cun dos restaurantes adheridos ao proxecto, A Artesa da Moza Crecha, Pesca Saúde ofrecerá a deportistas e público xeral unha selección de petiscos de cociña galega contemporánea elaborados con produtos do mar e de proximidade

A proposta articúlase arredor do concepto "Antes da Onda / Despois da Onda", diferenciando entre os nutrientes necesarios para afrontar o esforzo físico e os orientados a acelerar a recuperación muscular. Así, a elaboración "Antes da Onda" consistirá nun crocante de pan de millo con bonito curado e tomate soasado, unha opción fresca, equilibrada e de fácil dixestión na que o bonito achega proteína magra e graxas omega-3 ideais para os momentos previos ao exercicio.

Pola súa banda, a proposta "Despois da Onda" será un brioche de mexillón galego en escabeche emulsionado e codium, un petisco rico en proteína, ferro e minerais esenciais concibido especificamente para favorecer a recuperación muscular tras o esforzo intenso. 

Este domingo, haberá sesións de degustación de "Antes da Onda" entre as 11:00 e as 12:00 horas e de "Despois da Onda" entre as 13:00 e as 14:00 horas. O espazo de atención á cidadanía estará operativo de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 17:00 horas pola tarde. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620