A Costa da Morte honra a Santo Antonio con pan, bendición de animais e procesión de antorchas
Na Agualada este venres xa hai diversos actos litúrxicos, entre eles a procesión das antorchas

A Costa da Morte volverá vivir un intenso fin de semana festivo, con celebracións na honra a Santo Antonio na maioría dos lugares, que teñen este sábado 13 o seu día grande.
Na Agualada (Coristanco), onde existe unha maior tradición desta festa, esta noite do venres xa haberá diferentes actos litúrxicos.
Ás 20.00 horas será a novena e ás 22.00, terá lugar a procesión de antorchas, unha tradición que se revitalizou nos últimos años.
Tamén se levará a cabo a bendición do pan e dos animais.
O sábado é o día grande, con misas durante toda a mañá e a solemne á unha.
Pola tarde (20.00 horas) haberá de novo bendición de animais.
No plano máis lúdico, mañá sesión vermú con Costa dorada, que pola noite estará acompañada de Arizona.
O domingo sigue a festa. E
Buño (Malpica) tamén honran mañá a Santo Antonio, aínda que nesta noite de venres haberá churrascada, a partir das 21.00 horas, e música con The Croners e Full disco.
Mañá haberá misa ás 13.00 horas, sesión vermú, maratón de tute pola tarde e verbena con Fátima Pego, Vission e Full disco. Baíñas (Vimianzo) e Xallas (Cee) son outros dos lugares onde honrarán a Santo Antonio este fin de semana, sendo mañá o día grande.











