Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Malpica

O colexio Milladoiro de Malpica gaña o primeiro Premio Na Lingua que eu falo

O galardón é convocado pola RAG

CEIP Milladoiro de Malpica
CEIP Milladoiro de Malpica
EC

O CEIP Milladoiro de Malpica  é o gañador do primeiro Premio Na lingua que eu falo, convocado pola Real Academia Galega (RAG) co fin de recoñecer persoas, proxectos, iniciativas ou experiencias que no ámbito escolar ou noutros espazos, destaquen polo seu traballo a prol da normalización lingüística entre a poboación infantil. 

A resolución desta primeira edición anúnciase coincidiendo coa celebracióneste venres do Día Europeo das Linguas. A RAG aproveita para pedir unha vez máis un maior compromiso, desde a UE e desde Galicia, coa defensa do idioma propio. A concesión do I Premio Na lingua que eu falo ao CEIP Milladoiro supón un galardón ao bo facer do profesorado, segundo indicou o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, no anuncio remitido ao centro.

 “E tamén é un premio ao conxunto da súa comunidade educativa, rapaces e rapazas, nais, pais, avós e avoas e persoal dos servizos complementarios da escola”, engade. Este premio nace ao abeiro da Primavera das Letras, o proxecto web da Academia dirixido ao público infantil, que desenvolve desde 2016 co apoio da Deputación da Coruña.