Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Malpica

O Concello de Malpica adxudica a mellora da capa de rodadura do camiño desde a DP-4307 hasta Bareango

Os traballos, valorados en 42.350 euros, empezarán nos vindeiros días

No plano, en cor azul, o vial que vai ser obxecto de mellora
No plano, en cor azul, o vial que vai ser obxecto de mellora
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Malpica de Bergantiños ven de adxudicar a obra de mellora da capa de rodadura do camiño que conecta a estrada provincial DP-4307 co lugar de Bareango, unha actuación incluída na 2ª Fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ Adicional 2/2025). 

A actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos, S.L. por un importe de 42.350,70 euros. 

O obxectivo desta intervención é mellorar o estado do firme, incrementando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos diarios da veciñanza, ademais de contribuír á conservación da rede municipal de camiños. 

Desde o goberno municipal destacan que esta obra forma parte do compromiso de continuar investindo na mellora das infraestruturas municipais e de atender as necesidades dos distintos núcleos do concello, co fin de ofrecer unhas comunicacións máis seguras e eficientes para toda a cidadanía. 

Nos vindeiros días iniciarase a planificación dos traballos, que permitirán renovar a capa de rodadura deste vial e mellorar as condicións de circulación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620