Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ponteceso

O Maccmo de Corme acollerá unha xornada para divulgar e poñer en valor o patrimonio subacuático da Costa da Morte

A cita é o vindeiro martes 29 de setembro e está organizada pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (Aptcm) 

Vista del Maccmo de Corme
Vista del Maccmo de Corme
EC
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), no marco do proxecto 'Sabor a Mar con R', organiza o vindeiro martes 29 de setembro, de 11.00 a 13.00 horas, unha xornada de divulgación do patrimonio subacuático da Costa da Morte, que terá lugar no Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (Maccmo), en Corme-Ponteceso. 

A iniciativa nace coa finalidade de achegar á sociedade o valor histórico, cultural e patrimonial dos fondos mariños da Costa da Morte, así como de favorecer a reflexión arredor da súa conservación, coñecemento e potencial como recurso para o territorio. 

Na xornada participarán José Manuel Mato Martínez, alcalde de Ponteceso, e Pepe Formoso, presidente de APTCM, que darán paso a un programa no que o patrimonio subacuático será o principal protagonista. 

Un dos momentos destacados será a presentación do micromanual sobre a orixe do macrotopónimo 'Costa da Morte', realizado por Fernando Patricio Cortizo, unha publicación que afonda na historia e na orixe dunha denominación estreitamente ligada á identidade deste territorio. 

O programa contará tamén coa intervención de Ángel Carreira Díaz, arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que abordará o réxime xurídico do patrimonio arqueolóxico subacuático de Galicia. 

Pola súa banda, Suso Lista, escritor e presidente da Asociación Cultural Insua de Viastela, centrará a súa intervención en “A riqueza do patrimonio subacuático de Corme. Un recurso para o futuro”, poñendo o foco no patrimonio local e nas posibilidades que ofrece o seu coñecemento e posta en valor. 

A xornada pecharase cunha mesa redonda entre o público e os poñentes, concibida como un espazo aberto para compartir reflexións, preguntas e diferentes perspectivas arredor da protección e divulgación deste patrimonio. 

Con esta actividade, 'Sabor a Mar con R' continúa avanzando na divulgación dos recursos vinculados ao mar e á identidade da Costa da Morte, favorecendo un maior coñecemento dun patrimonio que forma parte da historia, da cultura e da memoria colectiva do territorio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620