Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

‘Carballo na Memoria’ chega a Rebordelos para rescatar o patrimonio fotográfico da costa

Será este sábado, a partires das 11 de mañán, no centro social de Imende

Unha sesión do proyecto Carballo na Memoria celebrada nas Casas Baratas
Unha sesión do proyecto Carballo na Memoria celebrada nas Casas Baratas
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O proxecto municipal ‘Carballo na Memoria’ continúa o seu labor de recuperación do patrimonio inmaterial e gráfico do concello. 

A iniciativa trasládase este sábado á zona costeira para realizar unha xornada de recollida de material en Noicela e Rebordelos. 

Será no centro social de Imende a partir das 11 horas. 

Ata alí poderá achegarse calquer persoa que garde fotografías antigas, documentos ou recordos familiares. 

Nun momento todas esas imaxes serán escaneadas e documentadas para que pasen a formar parte do gran álbum colectivo que está a elaborar o Concello de Carballo. 

Deste xeito, toda aquela xente que aporte documentación poderá levar os orixinais de volta para casa no mesmo instante.

No caso de tratarse de gravacións de video ou sonido, o proceso técnico requerirá de máis tempo, polo que se fará unha copia profesional e devolverase o soporte orixinal nun prazo breve. 

As imaxes recuperadas serán catalogadas e protexidas, e moitas delas formarán parte dunha nova páxina web que o Concello está deseñando para que este legado sexa accesible a todos os cidadáns. 

Desde a organización anímase á veciñanza a colaborar no proxecto “rebuscando nos caixóns”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620