Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

A XII edición da festa do Pequebasket trae a Carballo a 483 nenas e nenas de entre 5 e 8 anos

Celebrase o próximo domingo coincidindo coa festividade das Letras Galega

Ferraces, Reguera, Bernárdez, Pérez, Barreiro y Villamarín durante la presentación
Ferraces, Reguera, Bernárdez, Pérez, Barreiro y Villamarín durante la presentación
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Museo de Bergantiños foi o lugar escollido para a presentación do cartel do 12º Día do Pequebasket, que se celebrará o próximo domingo en Carballo coincidindo coa festividade das Letras Galegas. 

O evento reunirá a 483 nenos e nenas, que se repartirán en más de 40 equipos pertencentes a 28 clubes de toda Galicia. 

No acto celebrado na antiga cárcere carballesa estiveron presentes o alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; Julio Bernárdez e José Manuel Villamarín, presidente e directivo da Federación Galega de Baloncesto; e Arturo Ferraces e Primitivo X. Reguera, en representación da Escola Basket Xiria. 

Desculparon a súa ausencia os representantes da Secretaría Xeral para o Deporte, outro dos organismos colaboradores. 

Primitivo Reguera agradeciu ao Concello de Carballo a súa implicación nun proyecto único en Galicia, así como o apoio da Xunta. 

Julio Bernárdez aludiu o papel de Basket Xiria como precursor na organización dun evento lúdico deste tipo a nivel galego e mesmo estatal.

O alcalde, pola súa banda, suliñou a importancia destas actividades que poñen a Carballo no “mapa galego” do deporte base e felicitou a Basket Xiria pola súa campaña. 

Como todos os anos, o Pequebasket desenvolverase no pavillón Bergantiños e entorno.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620