Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Carballo detense no tempo para festexar as Letras Galegas coa misión de salvar a lingua e a cultura

Numerosas actividades durante a fin de semana en toda a Costa da Morte para celebrar o 17 de maio

Participantes nos xogos este venres en Carballo
Participantes nos xogos da Letras Galegas este venres en Carballo
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Carballo festexa estes días as Letras Galegas con diferentes actividades, onde se reivindica o papel da muller na cultura galega. Aínda que mañá será o día grande, este venres xa houbo un pequeno anticipo para que os mozos se impliquen na preservación da cultura e da lingua, cun peculiar xogo no que Carballo se detén no tempo. 

Entre a Praza do Concello e o mercado o alumnado participou no “Reloxo do tempo”, unha experiencia de dinamización lingüística a partir de xogos e misterios. Partindo dun escenario crítico arredor da cultura galega, onde o reloxo que garda a nosa lingua e a literatura acaba de parar, os estudiantes de primeiro de Bacharelato do IES Alfredo Brañas tiñan que evitar que se perdese para sempre. 

Para logralo, os mozos tiñan que interactuar con oito personaxes fundamentais que custodiaban as pezas do reloxo, os personaxes clásicos como Merlín, María Soliña, Morgana, Cibrán o Castizo, Balbino, Xohán de Isorna e Circe (a muller Xabaril), e unha autora esencial, Begoña Caamaño, a protagonista deste ano. Así, a través do teatro, enigmas lóxicos e material audiovisual, os mozos recibiron unha lección maxistral sobre a importancia de conservar a lingua e a cultura galegas, tal como se reivindica cada 17 de maio.

 Para este sábado está prevista unha actividade central na rúa Coruña (13.00 horas), ‘Pegada de Muller’, co obxectivo de poñer en valor a pegada da muller nas letras e nas artes. Nese escenario haberá unha lectura pública de obras das mulleres ás que se ten adicado ás Letras Galegas, que rematará coa voz da carballesa Marta Méndez interpretando varias cancións.

 Maña domingo terá lugar o 44º Concurso infantil de pintura e debuxo Luis Calvo, que organiza a asociación Lumieira, na Praza do Concello, a partir das 11.00. Tamén haberá un concerto da Banda Municipal de Gaitas (13.00), e pola tarde (18.00 horas) no local social de Cances presentarase o libro ‘Begoña Caamaño’, cos autores Xosé Manuel Varela, Nerea Gómez e Icía Varela. 

As festas arredor das Letras Galegas espállanse a todos os concellos da comarca estes días, coa música como principal protagonista. Hoxe en Fisterra haberá un concerto de Cristian Leggiero & Patty Lesta (12.30 horas) e mañá Foliada coa asociación Trubisquiña. Na Laracha, concerto infantil de Mamá Cabra (18.00 horas) e mañá á mesma hora, espectáculo de música e baile tradicional na Praza Les Sables d´Olonne. 

En Vimianzo, o protagonismo desta xornada desprázase a localidade de Pasarela, con música, teatro e monólogos a partir das 16.30 horas. Mañá, na Casa de Cultura actúa Xabier Díaz, coas entradas xa esgotadas. En Malpica esta tarde preséntase o libro de Begoña Caamaño e mañá, ofrenda floral ás pandeireteiras de Mens, mentras que en Dumbría hai unha andaina

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620