Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

O II Feirón en Rede sementa solidariedade en Carballo

Moita participación e valoración positiva do evento, malia as altas temperaturas deste domingo 

Feirón en Rede este domingo en Carballo
Feirón en Rede este domingo en Carballo
Raúl López Molina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Praza do Concello de Carballo converteuse este domingo no corazón latexante do terceiro sector local coa celebración do II Feirón en rede “Carballo solidario”. Esta segunda edición serviu para consolidar un espazo aberto, dinámico e profundamente participativo onde a veciñanza e o tecido asociativo estreitan lazos.

A xornada arrincou ás 10.30 horas, no marco da tradicional feira quincenal, coa apertura das 15 casetas informativas, unha do Concello de Carballo e 14 das entidades participantes: AECC, ALCER, Fundación Érguete Integración, Cruz Vermella, Un Paso Máis, O Legado de Max, Afaber, Cáritas, Aspaber, APEM, Íntegro, Vieiro, Lenda Educativa e Senegaleses Carballo.

O evento contou cunha destacada representación institucional encabezada polo alcalde, Daniel Pérez; a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures, e o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, xunto con outros membros do goberno municipal que tamén se achegaron para amosar o seu apoio a un traballo diario que resulta vital para a cohesión do municipio.

Máis aló de ofrecer información sobre os seus respectivos recursos e proxectos, as entidades sociais despregaron un abano de actividades interactivas que propiciaron a concienciación social a través da experiencia directa: música de Senegal, campaña contra o tabaco, taller de chapas... As concellarías de Servizos Sociais e Feiras e Mercados tamén se sumaron á animación da feira cun recuncho infantil e a música da Charanga Benofán.

A protección animal tivo unha xanela moi especial no posto de O Legado de Max. A protectora estivo acompañada por unha das moitas gatiñas abandonadas que custodian e coidan na actualidade na súa procura activa de fogares, un emotivo testemuño e reclamo en favor da adopción responsable.

As entidades participantes realizaron una valoración moi positiva. Malia as altas temperaturas, o grao de implicación cidadá, o volume de consultas recibidas e o clima de fraternidade e colaboración interasociativa demostraron que o modelo do Feirón en rede é unha ferramenta imprescindible. A exposición paralela Que pasaría se non existisen as entidades sociais? serviu de marco conceptual perfecto para recordar que, sen o motor humano destas organizacións, Carballo non sería o municipio inclusivo, xusto e acolledor que demostrou ser este domingo, tal como indican dende o Goberno local. 

Feirón en Rede este domingo
Feirón en Rede este domingo
Raúl López Molina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620