Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Arume de Verdillo prepara o seu 44º Albaroque

A agrupación elixiu o adro da igrexa para presentar o cartel, o lugar onde comezaba a súa historia

Presentación do Albaroque de Arume de Verdillo
Presentación do Albaroque de Arume de Verdillo
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As asociacións Cultural e Xuvenil Arume de Verdillo presentaron o cartel do seu 44º Albaroque, que será os días 5 e 6 de xuño, no adro da igrexa de Verdillo, xusto onde empezou a festa. A presidenta, Belén Mato, recordou os primeiros anos da festa na leira frente á igrexa, e presentou o cartel desta edición, que reflexa a unión entre o primeiro logo de Arume e o actual. Como ven sendo habitual nos últimos ano, o lema é “Verdilleses desde 1982”, co que queren homenaxear aos que puxeron a andar este proxecto. 

O venres 5 haberá xogos populares e o sábado 6 será o día grande da programación. Abrirá coas actuacións das escolas de baile e música tradicional, sigue o coro Aires de Bergantiños e a tradicional sardiñada. Logo haberá Cantos de Taberna, Albaroquiño co espectáculo de clown, humor irreverente e circo Peor Imposible a cargo de Peter Punk e dirixido a todos os públicos.

A festa continuará cunha exhibición de baile moderno, para dar paso ao III Son Pineiro, co grupo de Laxe O Tren da Unha, que porá a bailar e a cantar a todos os asistentes. 

Na presentación do cartel tamén participaron o alcalde, Daniel Pérez, e os concelleiros Ramón Varela e Maruxa Suárez, que felicitaron á asociación polo seu traballo durante máis de catro décadas. 

“Falar de Arume é falar de tradición e cultura, e tamén é falar de comunidade e futuro”, indicou o rexedor, ademais de destacar a presenza dunha banda de gaitas con rapaces moi novos que garantiza a continuidade de Arume. O acto pechou coa intervención da banda de gaitas da A.C.Arume.

Presentación do Albaroque de Arume de Verdillo
Actuación na presentación do Albaroque de Arume de Verdillo
Mar Casal
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620