A Costa da Morte honra a San Antonio con pan, bendición de animais e procesión de antorchas
Este sábado é o día grande en numerosas localidades da comarca

A Costa da Morte volverá vivir un intenso fin de semana festivo, con celebracións na honra a San Antonio na maioría dos lugares, que teñen este sábado 13 o seu día grande. Na Agualada (Coristanco), onde existe unha maior tradición desta festa, esta noite xa haberá diferentes actos litúrxicos.
Ás 20.00 horas será a novena e ás 22.00, terá lugar a procesión de antorchas, unha tradición que se revitalizou nos últimos años. Tamén se levará a cabo a bendición do pan e dos animais. O sábado é o día grande, con misas durante toda a mañá e a solemne á unha. Pola tarde (20.00 horas) haberá de novo bendición de animais.
No plano máis lúdico, mañá sesión vermú con Costa dorada, que pola noite estará acompañada de Arizona. O domingo sigue a festa. En Buño (Malpica) tamén honran mañá a San Antonio, aínda que esta noite a haberá churrascada, a partir das 21.00 horas, e música con The Croners e Full disco.
Mañá haberá misa ás 13.00 horas, sesión vermú, maratón de tute pola tarde e verbena con Fátima Pego, Vission e Full disco. Baíñas (Vimianzo) e Xallas (Cee) son outros dos lugares onde honrarán a Santo Antonio este fin de semana, sendo mañá o día grande.










