Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Máis de 400 familias nas actividades de Apego no primeiro semestre deste ano

O 17 de xuño será o último espectáculo nas Escolas do Xardín de Carballo con Cris Caldas para nenos de 0 a 4 anos

Sesión de Apego en las Escolas do Xardín
Sesión de Apego en las Escolas do Xardín
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A programación semestral do programa Medrando con Apego chega ao seu fin en Carballo, sendo unha iniciativa plenamente consolidada que combina a dinamización lingüística en galego, o apoio á crianza e a socialización comunitaria desde as idades máis temperás. Máis de 400 familias sumáronse ao longo destes últimos seis meses ás diferentes propostas artísticas, formativas e de lecer activo programadas polo Servizo de Normalización Lingüistica, cun balance extraordinario, tal como indican dende o Concello. 

O programa ten como epicentro as Escolas do Xardín Agra de Caldas, pero tamén se desenvolven actividades noutros moitos espazos públicos, como a Biblioteca Rego da Balsa, o mercado municipal, as piscinas municipais ou o paseo do Anllóns. Porque un obxectivo de Apego é a creación de espazos públicos humanizados, accesibles e acolledores para a infancia e os seus titores, nos que o uso do galego sexa o fío condutor natural para transmitir emocións, cultura, música e hábitos saudables entre a infancia de 0 a 6 anos. 

Dende o inicio do ano, a programación ofreceu unha gran variedade de contidos adaptados a cada etapa do desenvolvemento. As familias puideron gozar de propostas que conxugaron a saúde e a arte, como a hixiene bucodental, a xestión emocional ou os obradoiros de neurodesenvolvemento e psicomotricidade para bebés. 

A música tradicional e o patrimonio literario tamén tiveron un peso fundamental, xunto co estímulo á lectura e diferentes obradoiros, pasando por experiencias na natureza como a andaina guiada polas beiras do río. A programación culminará o vindeiro mércores, 17 de xuño, co espectáculo ‘Son no berce’, con Cris Collazo, que ofrecerá dúas sesións de concertos sensoriais deseñados especificamente para bebés de 0 a 4 anos e as súas familias. 

Xa está aberto o prazo de inscripción. A concelleira de Promoción Lingüistica, Ángeles Pacoret, destaca que Carballo foi un dos concellos locomotora do programa, que nacía no ano 2015. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620