Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Artistas de Carballo e Bergantiños presentan a mostra colectiva ‘O susurro dos antergos’

A exposición inaugúrase este xoves no Pazo da Cultura

La artista Milagros Cotelo
Milagros Cotelo é unha das artistas que participan na mostra
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Sete artistas de Carballo e da comarca de Bergantiños únense para artellar a exposición colectiva ‘O susurro dos antergos’, que se inagura este xoves no Pazo da Cultura carballés (21.00 horas).

Trátase dunha mostra que contará coa ollada de artistas ben coñecidos do panorama artístico, como Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, XMÑ (Maribel Castiñeira), Loli España, Luis Pesce e Mon Lendoiro

A mostra mergúllase na riqueza da mitoloxía galega, dando vida aos seus seres, lendas e simboloxías. A través dunha mestura de obras plásticas, instalacións e performance, a exposición crea un espazo sensorial onde o pasado e o presente dialogan. Un convite a escoitar as voces antigas que aínda latexan na nosa memoria colectiva. Esta exposición ofrece unha viaxe contemporánea a través do mundo imaxinario da mitoloxía galega empregando múltiples linguaxes artísticas: pintura, instalación, performance, teatro e escultura.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620