Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Verónica Bolón: "O San Xoán é a mellor festa do mundo" 

A enxeñeira informática reivindicou o papel da muller na ciencia e as súas raíces durante o pregón en Carballo

El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A festa do San Xoán xa comezou en Carballo, marcando así o inicio do verán e do espíritu festeiro en toda a comarca. “A mellor festa do mundo”, tal como a definía a pregoeira, a enxeñeira informática Verónica Bolón Canedo, que pronunciou un emotivo discurso lembrando a súa infancia nestas celebracións e como agora as volve vivir a través dos ollos dos seus fillos, as súas raíces, o orgullo de ser unha carballesa que viaxou por moitos lugares do mundo, pero que voltou á casa de onde saiu. 

“Porque ao final, diso vai todo isto: de quen fomos, de quen somos e de quen queremos chegar a ser. E eu son unha landra deste carballo: fun lonxe, pero volvín”. Así pechaba o discurso a investigadora carballesa, experta en intelixencia artificial, que conta con diferentes recoñecementos, e reivindicou tamén o papel da muller na ciencia.

El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
Mar Casal

 Ante unha praza ateigada de xente, Verónica Bolón recoñecía estar ante un dos momentos máis emocionantes da súa vida, xa que non hai maior honra para unha carballesa que ser a pregoeira do San Xoán. Empezou falando das súas raíces, que, dixo, “son as landras dese carballo no que nos convertemos”. E as súas raíces están en Sofán e Verdillo, pola parte paterna e materna, aínda que ela se considera “carballesa da capital”. 

Coa perspectiva do seu traballo e do paso do tempo, contou o seu “primeiro experimento científico” con so cinco anos, cando lle mordiu o dedo a súa irmá recén nacida “para comprobar se os bebés sentían dor”, aínda que, en realidade todos pensaban que iso eran celos, relatou. Procedente dunha “familia humilde e loitadora”, unha “familia moi grande”, con 17 irmáns por parte de nai e co traballo sempre por bandeira, ela foi a primeira persoa da familia con carreira universitaria. 

“E a ciencia foi a que me trouxo hoxe ata aquí”, continuou, a pesares de ser “unha rapaza sen vocación clara”, o que lle preocupaba nos seus anos de instituto. Pero ao final, dixo, “todo encaixa e descubrín que o meu camiño era ser investigadora”. “Sempre hai algo que che empurra a seguir buscando respostas”, engadiu, ao tempo que aproveitaba para pedir que, como sociedade, debemos reclamar que se invista máis en investigación. No seu caso, investiga como facer unha intelixencia artificial máis responsable. 

Despois de vivir en países como Manchester ou Florida, entre outros, Verónica Bolón, recoñeceu que “hai lugares aos que o corazón sempre quere volver”, e así o fixo, asentándose en Carballo e desenvolvendo a súa profesión na Universidade da Coruña. Porque, subliñou, “aínda que a vida te leve lonxe, este é o sitio ao que sempre quererás retonar”. 

El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
Mar Casal

A investigadora falou tamén da importancia de que as nenas teñan referentes científicas neste ámbito aínda dominado por homes. Ela que sempre tivo mulleres referentes na súa vida, como a súa avoa Dosinda, que criou a 17 fillos sen deixar de traballar; a outra avoa Pepa, que con 85 anos “manexa a tablet perfectamente e incluso se atreve a comprar por internet”, a súa nai, que lle inculcou que a independencia é o maior valor que poder ter unha muller. 

Verónica Bolón tamén aproveitou para presumir de Carballo, “un pobo que aposta pola cultura, polo benestar e pola ciencia”, convertendo a localidade nun referente neste ámbito nos últimos tempos. “Cando un pobo aposta pola ciencia aposta polo futuro”, destacou, referíndose á importancia de que os nenos “medren curiosos, críticos e con ganas de aprender”. 

Primeiro ano "aquí arriba"

 Volvendo á celebración do San Xoán, a investigadora lembraba a maxia das festas na súa infancia, o inicio do verán, tempo de estrenar o vestido novo, as atraccións nas que subía de nena, o poder saír todas as noites da semana xa de moza. Lembranzas que volverán a facerse realidade nestas festas que arrincaban onte de forma oficial.

 Tamén foi tempo de recordos para o alcalde, Daniel Pérez, a primeira vez que vive o San Xoán dende “aquí arriba”, como el mesmo dicía no seu discurso. 

“E a perspectiva, asegúrovolo, impón”, subliñou. El mesmo estivo 23 anos dende o outro lado, escoitando as “fermosas, sentidas, e sobre todo honestas palabras” do seu antecesor, Evencio Ferrero. “Sen dúbida, o mellor alcalde da historia do noso concello”, subliñou. Agora tócalle recoller o testemuño, con responsabilidade, humildade e orgullo “de pertencer a esta comunidade e de poder dicir ben alto que Carballo mola e que Carballo é o mellor lugar para vivir”, tal como repetía Ferrero nos seus discursos. 

Daniel Pérez afirmou que se están a vivir tempos de transformación e mudanzas, como acontecerá na mesma praza, que sufrirá unha transformación total nos vindeiros meses, eloxiou o talento local como no caso da pregoeira e agradeceu o traballo de todos os que fan posible estas celebracións. Xa en clave de festa, anunciou o comezo de sete días “de felicidade”, onde as rúas serán un “continente físico de emocións e sentir colectivo”.

El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
El pregón de la investigadora carballesa Verónica Bolón abrió este lunes la semana grande del San Xoán de Carballo
Mar Casal

Será tempo de reencontros, de abrazos, risas compartidas e diversión na rúa, mentras nos fogares “estenderemos a mesa do comedor, poñeremos o mellor mantel, a mellor vaixela e as copas de cristal que so sacamos nas grandes celebracións”, dixo o rexedor. E para amenizar a xornada, antes do pregón e ao seu remate, houbo música de Son Boleros. 

Pola mañá, pasarrúas co grupo de gaitas de Nemeth

O presidente da comisión de festas, Sergio Varela, invitou a participar do San Xoán e lembrou a figura de dúas persoas clave nos últimos anos, a de Evencio Ferrero, e a de Mari Pacoret, falecida hai uns meses. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620