Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Nova exposición e sesión vermú na Galería Garabato de Carballo

O artista muxián Ramón Lema presentará a súa mostra "Lenzo e papel" 

O muxián Ramón Lema exporá a súa obra na Galería Garabato de Carballo
O muxián Ramón Lema exporá a súa obra na Galería Garabato de Carballo
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O domingo 28 de xuño a Galería Garabato de Carballo acollerá unha nova exposición e tamén haberá unha sesión vermú, a partir das 13.30 horas. O artista muxian Ramón Lema presenta "Lenzo e papel", a súa primeira exposición individual. 

Trátase dunha mostra composta por doce pinturas ao óleo sobre lenzo de marcado carácter hiperrealista, acompañadas dunha selección de gravados realizados sobre plancha de linóleo. A serie pictórica nace a partir de fotografías de bodegóns realizadas polo artista Mon Lendoiro, que serven como inspiración para unhas obras nas que Ramón Lema procura achegarse ao realismo da fotografía mediante unha técnica de gran precisión.

 Lonxe das naturezas mortas tradicionais, os bodegóns presentan composicións contemporáneas nas que conviven obxectos cotiáns con elementos naturais, creando escenas sorprendentes, equilibradas e cheas de forza visual.

En cada un dos cadros, o artista establece un coidado diálogo entre a luz e a sombra, xogando cos contrastes, as texturas e os volumes. Os fondos completamente brancos potencian a sensación de profundidade e provocan un efecto óptico que engana á mirada, facendo que os obxectos parezan desprenderse do propio lenzo e ocupar o espazo do espectador.

 A exposición complétase cunha serie de gravados en linóleo de diferentes formatos e temáticas, disciplina na que Ramón Lema tamén desenvolveu unha importante parte da súa traxectoria artística tras formarse na Escola de Arte de Vimianzo da man da artista Pura Lema.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620