Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

A UDC analiza en Carballo a memoria democrática e os retos da normalización lingüística no novo Curso de Verán

Desenvolverase no Fórum Carballo os días 7 e 8 de xullo 

Curso de Verán en Carballo na pasada edición
Curso de Verán en Carballo na pasada edición
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Carballo volverá ser a sede de referencia para o deseño e a análise das políticas de futuro do idioma coa celebración do XIX Curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua, que este ano leva por título Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización. 

Esta décimo novena edición, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC) en estreita colaboración co Concello de Carballo e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, celebrarase os días 7 e 8 de xullo no Fórum Carballo, e centrarase en examinar, desde unha rigorosa perspectiva histórica, a evolución das políticas e normativas vinculadas á promoción do galego desde a implantación da monarquía parlamentaria.

O obxectivo prioritario é avaliar en que medida, malia a conquista de liberdades fundamentais, continúan vixentes catro décadas despois certas inercias e desigualdades estruturais que dificultan e impiden a normalización plena do idioma en diversos ámbitos sociais.

A conferencia de apertura correrá a cargo do recoñecido doutor en Filoloxía Románica e catedrático Francisco Rodríguez Sánchez, quen disertará sobre «O conflito lingüístico na Galiza de hoxe», sentando as bases intelectuais para as dúas intensas xornadas de debate.

Ao longo das dúas xornadas, o Fórum Carballo acollerá relatorios, comunicacións académicas, mesas redondas e dinámicas obradoiro. O programa estrutúrase en varios eixos temáticos esenciais: Memoria da terra e toponimia, presenza local e xestión municipal e medios de comunicación e ensino. 

O prazo de inscripción para as persoas interesadas será ata o venres 3 de xullo. Hai un límite de 65 prazas. O prezo para os estudiantes e persoas en situación de desemprego é de 30 euros e para o resto de participantes, de 65 euros. O curso está especialmente dirixido a técnicos de normalización lingüística, docentes, dinamizadores socioculturales, estudiantes e profesionais da tradución e interpretación e membros de asociacións, aínda que pode participar calquera persoa interesada. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620