Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Aberto o prazo de matrícula no Conservatorio de Carballo en Iniciación Musical 

Poderán anotarse os nenos nados entre os anos 2019 e 2020

Audiciones de piano en el Conservatorio
Audicións de piano no Conservatorio
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición da actividade de Iniciación Musical de cara ao vindeiro curso académico 2026-27. O prazo para formalizar a matrícula estará aberto desde ata o 12 de xullo. 

Esta iniciativa, plenamente consolidada no municipio desde o seu nacemento no curso 2012-2013, vai dirixida especificamente aos nenos e nenas nados nos anos 2019 e 2020 (Iniciación I e II). O gran obxectivo do proxecto é ofrecer un primeiro contacto coa linguaxe musical desde idades temperás, espertando a sensibilidade artística dos máis pequenos a través do xogo, o ritmo e a voz.

Ademais, as sesións están deseñadas para que o alumnado descubra de preto as diferentes familias instrumentais. Deste xeito, cando os cativos cumpran a idade necesaria para acceder aos estudos oficiais do CMUS, contarán xa cunha pequena base e un coñecemento previo das distintas ferramentas musicais que lles axudará a elixir que instrumento queren tocar.

Na actualidade, a materia está impartida pola profesora de trompa do CMUS, Alma Sarasola, quen guiará aos nenos neste proceso de descubrimento sonoro.

As familias interesadas en inscribir aos seus fillos ou en obter máis detalles sobre o proceso de matrícula poden poñerse en contacto no correo electrónico  cmus.profesional.carballo@edu.xunta.gal, no teléfono 981704300 ou a través das redes sociais. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620