Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

"O Prezo Xusto" do CCA Carballo a través das súas redes sociais 

A entidade comezará o luns 6 unha nova campaña a través de Instagram, que se prolongará durante todo o mes

Campaña de Prezo Xusto do CCA Carballo
Presentación da campaña de Prezo Xusto do CCA Carballo
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo recupera este verán unha das súas iniciativas adaptándoa aos novos hábitos de consumo e novos tempos, baixo o nome de "O Prezo Xusto", que se levará a cabo durante o mes de xullo (empeza o luns 6). A proposta combinará entretemento, participación e premios para seguir impulsando a actividade comercial e económica da vila. Cun guiño ás novas tecnoloxías, desenvolvéndose exclusivamente a través da canle de Instagram do CCA, reforzando así a sús presenza dixital. 

Cada luns publicarase en Instagram a imaxe dun escaparate virtual composto por doce artigos procedentes dos comercios asociados. A partir dese momento, os participantes terán ata o venres ás 20.00 horas para adiviñar o prezo xusto do conxunto dos produtos. 

Cada semana presentarase un novo escaparate e, os venres ás 21.00 horas, o CCA dará a coñecer o importe exacto do escaparate, así como o prezo individual de cada un dos artigos que o compoñen. Resultará gañadora a primeira persoa que acerte o prezo exacto ou, no seu defecto, quen máis se aproxime sen superalo. Cada un dos catro gañadores recibirá un cheque agasallo de 50 euros para consumir nos establecementos asociados ao CCA, polo que a campaña repartirá un total de 200 euros en premios ao longo do mes.

Para participar só será necesario seguir a conta de Instagram do CCA, indicar "gústame" na publicación correspondente, etiquetar a unha persoa nos comentarios e escribir a súa proposta co prezo xusto do escaparate. Para que o premio sexa efectivo haberá que presentar dous tickets de compra desa mesma semana en establecementos do CCA. Dende a entidade animan a participar nesta nova proposta.  

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620