Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

O GALP Costa da Morte realizará unha demostración de cociña en vivo con produto do mar no mercado de Carballo

No marco proxecto de cooperación Pesca Saúde

Cartel del showcooking
Cartel del showcooking
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Dentro do proxecto Pesca Saúde realizarase unha demostración de cociña en vivo no mercado municipal de Carballo este xoves, 9 de xullo. 

Esta sesión de ‘showcooking’, que terá como protagonistas o peixe e outros produtos do mar, celebraranse a partir das 11:30 horas e estará conducida por Miguel Silvarredonda, profesor da Escola de Hostalaría de Carballo cunha larga traxectoria en proxectos de turismo e gastronomía que preparará en vivo diferentes receitas que poderán degustar as persoas asistentes.

As persoas que o desexen poden reservar a súa praza en i.gal/showcooking. Durante estes eventos celebraranse tamén os sorteos de degustacións de produto pesqueiro, entre as persoas que participaran na campaña reunindo os seus tíckets de compra e depositándoos nas urnas de Pesca Saúde.

Ademais, as peixerías seguen a ter un papel protagonista en Pesca Saúde. Máis dun cento de puntos de venda adheridos á campaña e repartidos por toda a costa galega, aceptarán os vales de desconto de 5 euros, aplicables directamente na compra, que se reparten entre os asistentes nestes eventos. Ademais, amplían o seu prazo de validez ata o vindeiro 31 de xullo.

Dentro do proxecto esta mesma actividade desenvolverase polo distintos territorios dos GALP participantes no proxecto. Este martes será en Sada, o mércores en A Guarda e o xoves en Noia. Seguirá lo martes 14 en Vilagarcía; o mércores 15 en Bueu; e o xoves 16 en Viveiro. 

Outro sector co quese traballa neste proxecto é o da hostalaría, onde coa iniciativa Come o mar, come saúde xa se está a traballar cos restaurantes adheridos na elaboración de menús saudables sempre con produtos pesqueiros locais e de tempada.

E a partir de setembro, poranse en marcha os Obradoiros de Batchcooking. O Batchcooking é un xeito de organizar a cociña da semana consistente en preparar nun mesmo momento varias elaboracións ou bases que despois se poden combinar e reutilizar en diferentes comidas. Os obradoiros acompáñanse da publicación dun receitario, que se reparte nos eventos de Pesca Saúde e tamén está dispoñible na web do proxecto.

O proxecto Pesca Saúde nace nun contexto no que o consumo de peixe fresco descendeu progresivamente mentres aumentou a presenza de produtos ultraprocesados na alimentación habitual. Esta transformación dos patróns dietéticos está asociada a un incremento das enfermidades cardiovasculares, metabólicas e inflamatorias.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620