Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Carballo reivindica o papel das administracións locais na defensa da lingua galega

O Curso de Verán continúa este mércores nas instalacións do Fórum

Inauguración do curso de Verán da UDC en Carballo (17)
Inauguración do curso de Verán da UDC en Carballo 
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Carballo volve converterse en sede de referencia para o deseño e a análise das políticas de futuro do idioma coa celebración do XIX curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua, que se inaugurou este martes co título ‘Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización’. 

Neste acto o Concello reivindicou o papel das administracións locais na defensa da lingua. O acto de apertura contou coas intervencións de Cristina López Villar, vicerreitora responsable do Servizo de Normalización Lingüística da UDC; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, e Daniel Pérez López, alcalde de Carballo. Tras a benvida institucional, o doutor en Filoloxía Románica e catedrático Francisco Rodríguez Sánchez impartiu a conferencia ‘O conflito lingüístico na Galiza de hoxe’. 

O alcalde amosou o orgullo do municipio por acoller o encontro, e o feito de que celebre a décimo novena edición “demostra dúas cousas: a solvencia do Servizo de Normalización Lingüística da UDC e o compromiso deste concello coa nosa identidade”. “Carballo non é só o escenario onde se fala de dinamización; Carballo é un axente activo que respira, traballa e fala en galego todos os días do ano”, sinalou o rexedor.

 Con respecto ao lema deste ano, Daniel Pérez indicou que “cando falamos de memoria democrática, ás veces esquecemos que a maior perda de dereitos que sufriu o noso pobo veu acompañada do intento de silenciar a nosa palabra”. Ademais, o alcalde reivindicou o papel das administracións locais e subliñou que “desde o ámbito local, desde os concellos, sabemos que a lingua se defende no día a día: no comercio, nas escolas, na toponimia que nos define e na música que escoitan os nosos mozos. Ese é o noso obxectivo diario”, e nese sentido destacou o traballo que se está a facer desde a área de Normalización Lingüística.

 “O galego é a ferramenta coa que queremos construír o noso futuro. Deséxovos dúas xornadas de debate intenso, rigoroso e, sobre todo, transformador. Que as conclusións que saian deste Fórum Carballo nos axuden a dar pasos firmes para que a normalización plena deixe de ser unha quimera e sexa, por fin, a nosa realidade cotiá”, rematou o alcalde.

 Durante a primeira xornada abordáronse distintas cuestións como a toponimia, a música en galego, a pegada do pasado ou o galego para adolescentes.

O Curso de Verán continúa este mércores en Carballo con novas mesas redondas e debates. A primeira será ás 9.00 horas, moderada por Ubaldo Cerqueiro, e abordará a situación do galego nos medios de comunicación coa participación de Rebeca Munín, vicepresidenta da Asociación de Medios en Galego; María Obelleiro, directora editorial de Nós Diario; e Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial. 

Seguirá outro coloquio sobre a conciencia social do galego e unha ruta polo mapa literario de Carballo co historiador local Hadrián García. Para rematar, falarase tamén da situación da lingua no ensino co título “O ensino. Unha igualdade que nunca chega” e pechará o curso coa elaboración das conclusións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620