Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Inaugurado en Carballo o curso de verán da UDC

Ten como eixe a dinamización lingüística

Inauguración do curso de Verán da UDC en Carballo (7)
Valentín García, Cristina López e Daniel Pérez, este martes na inauguración
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Carballo inaugurou este martes o XIX Curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua, que este ano leva por título Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización.

Esta décimo novena edición, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC) en estreita colaboración co Concello de Carballo e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, celébrase  martes e mércores no Fórum Carballo, centrado en examinar, desde unha rigorosa perspectiva histórica, a evolución das políticas e normativas vinculadas á promoción do galego desde a implantación da monarquía parlamentaria.

A inauguración correu a cargo de Valentín García, secretario xeral da Lingua; Cristina López, vicerreitora responsable do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña; e o alcalde carballés ,Daniel Pérez.

O obxectivo prioritario do curso é avaliar en que medida, malia a conquista de liberdades fundamentais, continúan vixentes catro décadas despois certas inercias e desigualdades estruturais que dificultan e impiden a normalización plena do idioma en diversos ámbitos sociais.

Inauguración do curso de Verán da UDC en Carballo (6)
Francisco Rodríguez Sánchez impartiu a primeira conferencia
Mar Casal

A conferencia de apertura foi a cargo do recoñecido doutor en Filoloxía Románica e catedrático Francisco Rodríguez Sánchez, centrada no 'conflito lingüístico na Galicia de hoxe, sentando as bases intelectuais para as dúas intensas xornadas de debate.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620