Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Remata en Carballo o Curso de Verán da UDC reivindicando a importancia da lingua galega 

Os participantes realizaron unha ruta polo mapa literario da localidade, poñendo en valor a figura de diferentes autores

UDC CLAUSURA (19)
Ruta polo mapa literario de Carballo este mércores
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O 19º curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua dedicado nesta edición á ‘Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización’ rematou este mércores en Carballo tras dúas intensas xornadas nas que se analizou a situación pola que atravesa o idioma e o seu futuro. No curso, organizado pola Universidade da Coruña, quedou claro a importancia de ter un idioma propio, que debemos coidar e promover para evitar a súa desaparición. 

A pesares de que A Costa da Morte é unha das zonas onde máis se fala en galego, a nivel xeral nas xornadas reivindicouse a implicación de todas as administracións e en todos os ámbitos para non perder falantes, desde os medios de comunicación ata a educación. Precisamente, nesta última xornada houbo unha mesa redonda sobre situación da lingua nos medios de comunicación, onde se puso de manifesto a escasa presenza que ten na actualidade, tanto nos medios convencionais como nas redes sociais. 

Unha situación similar á que ocorre no ensino. Os participantes no curso tamén realizaron nesta última xornada unha ruta polo mapa literario de Carballo, guiada polo historiador local Hadrián García, onde se lembraron e puxeron en valor a figura de carballeses ilustres como Alfredo Brañas ou Xesús San Luis Romero, a carón das súas viendas, entre outros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620