Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Cociña en vivo na praza de Carballo da man do GALP Costa da Morte e no marco do proxecto de cooperación Pesca Saúde

Miguel Silvarredonda, profesor da Escola de Hostalaría de Carballo, dirixiu a xornada

Pesca Saúde (11)
Miguel Silvarredonda dirixiu a xornada
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Dentro do proxecto Pesca Saúde, a praza de Carballo foi este xoves escenario dunha demostración de cociña en vivo.

Esta sesión de ‘showcooking’, que tivo como protagonistas o peixe e outros produtos do mar, estivo conducida por Miguel Silvarredonda, profesor da Escola de Hostalaría de Carballo cunha larga traxectoria en proxectos de turismo e gastronomía, que preparou en vivo diferentes receitas que pudieron degustar os numerosos asistentes, previa inscripción.

Haberá tamén sorteos de degustacións de produto pesqueiro, entre as persoas que participaran na campaña reunindo os seus tíckets de compra e depositándoos nas urnas de Pesca Saúde.

Pesca Saúde (4)
Os asistentes puideron degustar o menú preparado
Mar Casal

Ademais, as peixerías seguen a ter un papel protagonista en Pesca Saúde. Máis dun cento de puntos de venda adheridos á campaña e repartidos por toda a costa galega, aceptarán os vales de desconto de 5 euros, aplicables directamente na compra, que se reparten entre os asistentes nestes eventos. Ademais, amplían o seu prazo de validez ata o vindeiro 31 de xullo.

Dentro do proxecto esta mesma actividade desenvolverase polo distintos territorios dos GALP participantes no proxecto. 

O proxecto Pesca Saúde nace nun contexto no que o consumo de peixe fresco descendeu progresivamente mentres aumentou a presenza de produtos ultraprocesados na alimentación habitual. Esta transformación dos patróns dietéticos está asociada a un incremento das enfermidades cardiovasculares, metabólicas e inflamatorias.

Pesca Saúde (10)
Público asistente
Mar Casal
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620