Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

A Praza dos Libros de Carballo prepara o seu peche cun intenso programa e a sesión vermú de Blues do País

Este domingo agasalla cun pan pola compra de cada libro

plaza dos libros-006
A regueifa foi unha das protagonistas deste sábado
Raúl López
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Praza dos Libros de Carballo (PLIC!) chega este domingo á súa derradeira xornada, cun programa intenso e con espazo para a música coa sesión vermú de Blues do País. 

A feira literaria –na que este sábado tivo gran protagonismo a regueifa– convivirá o domingo coa feira tradicional, na que os libros se mesturarán cos postos de froitas, verduras, queixos....Ademais, por cada libro que se merque haberá un pan de Carballo de agasallo

O Xardín Municipal carballés vén sendo desde o pasado xoves un espazo de encontro arredor da literatura, a música e a cultura galegas. Dentro deste feixe de actividades as Ondas Culturais da Concellaría de Cultura e Festas ofrecen a actuación de Blues do País, cunha sesión vermú desde as 13.00 horas deste domingo cargada de música, humor e retranca galega. Integrado por Iseo Agilda (Bieitta James) e Brais das Hortas (Pepe King), Blues do País leva máis dunha década ofrecendo unha proposta única na música galega. 

E para os máis cativos, o concerto de Paco Nogueiras, ás 18.00. 

plaza dos libros-005
Bo ambiente nas casetas dos libreiros este sábado
Raúl López

Nesta última xornada dominical seguirán as presentacións e sinaturas de obras. María Solar presenta ‘As malas ideas’ (12.00 horas) e Cecilia F. Santomé o seu libro ‘Boundaries Road' (20.00). 

Ademais, a PLIC! acollerá (19.00 horas) o recital-presentación ‘Os fíos de Begoña’, coa súa autora Eva Mejuto e o músico Marcelo Dobode, como homenaxe a Begoña Caamaño, figura á que se lle dedicou o Día das Letras 2026. 

Especial mención merece a presenza de Marcos Emilio Casdelo, escritor da Laracha, que asinará exemplares de ‘Historia das parroquias de Carballo. O catastro de 1750’. Será ás 19.00 na carpa de sinaturas. Unha hora máis tarde, Xaime Toxo asinará exemplares de ‘Só navego na voz con que dis o meu nome’. A feira abre de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, con oito librerías y descontos do dez por cento. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620